miércoles, 4 de mayo de 2011

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA




Por fin temos biblioteca nova!!!! A rata Honorata convidounos á inauguración da nova biblioteca do cole. Coa axuda do seu amigo o frautista Bautista contounos un conto e pasámolo xenial!

Logo a ANPA convidounos a biscoito, carrapito e refrescos!


E antes de marchar, Honorata regalounos unhas pegatinas e unhas bolsas para levar os libros!

Agora só nos queda disfrutar da nova biblioteca!

FACENDO MARCAPÁXINAS

Estivemos facendo marcapáxinas para enviarlles aos nosos amigos e amigas de Lleida, Valencia e Asturias!

MANTEIS DE MIRÓ PARA O ALMORZO

A señora Loreto agasallounos cuns manteis para o almorzo con obras de arte de Joan Miró. Mirade que bonitos!!!

miércoles, 6 de abril de 2011

TRIGO, MILLO...E SEMENTES DE POESÍA

Igual que os homes e mulleres da prehistoria cando pasaron de nómadas a sedentarios, na nosa clase plantamos sementes de millo, trigo e cebada.





Pasados uns días comezaron a saír!!!




E para e exposición de Obxectos Poéticos que estamos facendo no colexio decidimos plantar sementes de poesía!!!


POR FIN O ENCERADO DIXITAL!!!!

Dende hai uns días temos na clase o encerado dixital polo que tanto tempo levábamos agardando!!!!



domingo, 20 de marzo de 2011

PLANTAMOS FRESAS

Esta semana a nosa compañeira Lúa tróuxonos plantas de fresas e plantámolas en macetas. Logo regámolas e agora temos que esperar a que medren e den froito para poder comelas!



miércoles, 9 de marzo de 2011