domingo, 20 de marzo de 2011

PLANTAMOS FRESAS

Esta semana a nosa compañeira Lúa tróuxonos plantas de fresas e plantámolas en macetas. Logo regámolas e agora temos que esperar a que medren e den froito para poder comelas!



miércoles, 2 de marzo de 2011

DÍA DA PERRUCA E DO PELUCHE


ENTROIDO SURREALISTA NO C.E.I.P. DE AGUIÑO 2011

Benqueridas familias:

O surrealismo é unha corrente artística na que os/as artistas, en moitas ocasións, expresan as súas emocións e sentimentos a través de obxectos da vida cotiá. Estes obxectos cobran vida e novos significados, por exemplo unha zapatilla pode ser un teléfono, un caldeiro pode ser un sombreiro… Obxectos que rodean ós nosos nenos e ás nosas nenas.Dende o colexio apostamos pola Didáctica da Fantasía e pola creación de espazos de estimulación que amplíen e enriquezan os esquemas cognitivos, emocionais e sociais do noso alumnado. Esta é a razón que nos moveu para deseñar esta proposta.Pedimos a vosa colaboración para que cada día os nenos e as nenas traían ó colexio os seguintes materiais:

LUNS 21 DE FEBREIRO: DÍA DO PELUCHE. Este día traerán un peluche e unha perruca.
MARTES 22 DE FEBREIRO: DÍA DA CAIXA. Este día traerán unha caixa de zapatos baleira e un bigote pintado.
MÉRCORES 23 DE FEBREIRO: DÍA DA VERZA. Este día traerán unha hortaliza (verdura, legume…) e un sombreiro.
XOVES 24 DE FEBREIRO: DÍA DO OBXECTO SECRETO. Este día traerán o obxecto desexen envolto nunha tea, non o descubrirán ata chegar as aulas. O obxecto non pode ser un xoguete. Buscade un obxecto que non sexa fráxil, que non sexa moi valioso e que se poida manipular.

Moitas grazas pola vosa valiosísima colaboración.Un saúdo surrealista .

SEGUIMOS PLANTADO NO HORTO

Esta semana estivemos plantando no horto do cole varias plantas que nos trouxo a nosa compañeira Ana. Moitas grazas!!!