viernes, 25 de febrero de 2011

martes, 22 de febrero de 2011

OBRADOIRO DE ENTROIDO COAS FAMILIAS

Un ano máis as familias dos nenos e nenas de Infantil do colexio de Aguiño participaron no obradoiro de entroido de elaboración de disfraces. Este ano fixemos "Medallóns de poderes". De que será o noso disfraz? Mirade que obras de arte!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!





PLANTANDO NO HORTO

Este curso no horto da escola imos plantar diferentes especies de bulbos. Os nenos e nenas de 4 anos plantamos DALIAS.


miércoles, 16 de febrero de 2011

FACENDO LUME







INVESTIGANDO SOBRE A PREHISTORIA


Os nenos e nenas de 4 anos estamos este curso inmersos nun proxecto sobre a época prehistórica. No primeiro trimestre centrámonos sobre todo nos dinosaurios e nos fósiles e agora estamos investigando como vivían os primeiros seres humanos.
Xa sabemos que primeiro vivían en covas e no noso cole tamén construímos unha.


RECIBIMOS CORREO DE LLEIDA!!!


Este curso estamos mantendo correspondencia con nenos e nenas dun cole de Lleida, actividade enmarcada dentro do Proxecto ARCE no que está participando o colexio de Aguiño, e esta semana recibimos un paquete deles/as. Moitas grazas amigos e amigas!!!!

domingo, 13 de febrero de 2011

VEÑEN E VAN!

Este curso tivemos algunhas novidades na nosa aula.

Temos unha compañeira nova que chegou doutro cole á que xa queremos un montón!
BENVIDA AO COLE DE AGUIÑO, AINARA ALCALDE!!!


E así como uns chegan, outros vanse.

O noso compañeiro Oliver tivo que marchar e botámolo moito de menos, pero lembrámonos moito del.
UN BICO MOI GRANDE DOS TEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE AGUIÑO!!!!

BENVIDOS E BENVIDAS

Os nenos e nenas da aula de 4 anos do C.E.I.P. de Aguiño xa estamos na rede e por fin temos blog!!!!
Aquí poderedes coñecernos un pouquiño máis e compartir con nós algunhas das cousiñas que vaiamos facendo no cole.