lunes, 30 de mayo de 2011

NAVEGANDO POLOS MARES DA LÚA

Estes días descubrimos que na lúa tamén hai mares e estivemos navegando por eles.

MAR DAS NUBES

MAR DAS SERPES

MAR DAS ILLAS

MAR ESPUMOSO

MAR DA TRANQUILIDADE

CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Comezamos xa coas sesións de contacontos por parte das familias. O pai de Lúa veu á biblioteca do cole para contarnos un par de contos e os nenos e nenas de 4 anos estamos moi agradecidos/as.
GRAZAS GONZALO POR COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS!

ACTIVIDADE DE INTERCAMBIO CO C.R.A. DE RIANXO

miércoles, 25 de mayo de 2011

ONDE ESTIVERON OS MONICREQUES?

Os nosos monicreques estiveron desaparecidos durante uns días. Despois de buscar pistas e indagar onde podían andar, enviáronnos unha carta para contarnos que estaban de viaxe na lúa coa rata Honorata, que pronto volverían e que nos ían traer moitas sorpresas!
E cando xa estábamos organizándonos para quedar a durmir unha noite no cole e ver se descubríamos onde estaban, apareceron na bilblioteca e viñeron cargados de contos da lúa para a aula!
Menos mal que xa apareceron!!!!!!!

VISITA DOS NENOS E NENAS DE CARREIRA

Os nenos e nenas do Colexio de "A Capela" de Carreira viñeron de visita ao noso cole! Foi unha xornada de convivencia moi interesante e pasámolo xenial. Contamos contos, fixemos un desfile de monicreques, merendamos xuntos, xogamos,...
Grazas a todos e todas pola vosa visita e ata a próxima!!!


domingo, 15 de mayo de 2011

EXPOSICIÓN DE CRONOPIOS NO LELIADOURA E VISITA AO PARQUE DE SAN ROQUE

Esta semana visitamos unha exposición de cronopios no I.E.S. Leliadoura, feitos polos nenos e nenas da escola de Vilariño da Pobra. PARABÉNS!




A mestra Mónica do instituto foi a encargada de presentarnos a exposición. GRAZAS MÓNICA!!

Logo fomos camiñando ata o Parque de San Roque e alí merendamos e xogamos!

miércoles, 4 de mayo de 2011

CHEOU O MAIO



PEGADAS NA LÚA

Estes días estamos viaxando á Lúa e deixando as nosas pegadas alí!